CABECEIRA BLYTHE

Comisaria: Clara Rodríguez Cordeiro.

Co proxecto expositivo Blythe, un novo imaxinario artístico, dase a coñecer -por primeira vez en Santiago- o universo artístico que se crea en torno ás bonecas Blythe, e que supón en si mesmo un novo imaxinario co que están a traballar toda unha nova xeración de artistas.
En 1972 creábanse en EE.UU. as primeiras bonecas Blythe: unha desproporcional cabeza e o orixinal mecanismo polo que os seus enormes e redondos ollos son capaces de pecharse e cambiar de cor e posición serían -e son- os seus trazos distintivos.
Adiantadas á súa época en varias xeracións, a súa saída inicial foi un fracaso que as obrigou a permanecer no esquecemento até finais dos 90, convertidas entón en musas da fotógrafa norteamericana Gina Garan.

Gina-Garan

Co rexurdir de Blythe en Xapón, no ano 2001, produciuse un xiro creativo que a transformou de produto industrial a obxecto artístico, de musa fotográfica a protagonista dun espazo performativo propio a través da seu customización . Menos de 30 cm. e un corpo de plástico que se converteu en soporte artístico e en inspiración de múltiples creadoras e creadores contemporáneos.
A customización dunha boneca Blythe é un proceso artístico que esconde técnicas máis ou menos tradicionais -como pintar con pastel ou acrílico, ou esculpir expresións faciais- en materiais nada tradicionais -como é o plástico.Mediante este proceso unha boneca creada a partir dun modelo en serie, convértese nunha boneca única, unha escultura de plástico que tan só responde ao imaxinario e á estética do seu creador.


O proxecto expositivo “Blythe: un novo imaxinario artístico” comeza o seu periplo en O Gato Cósmico o 21 de Outubro de 2011, e está concibida como unha exposición colectiva ó logo do tempo. Así, e até Xuño do 2012, mes a mes, poderemos achegarnos á obra dos diversos protagonistas deste novo imaxinario: customizaciones, fotografías, esculturas, ilustracións, etc. 9 bonecas que se irán sucedendo mes a mes e que darán unha visión moi completa sobre o imaxinario artístico de Blythe no panorama español .