CABECEIRA POLDRAS

Xosé Poldras é un artista gráfico nado en Ourense e formado en Salamanca, s`Hertogembosch e Maastrich. Empezou a expoñer no ano 1989 e dende aí a súa carreira foi en ascenso, realizando numerosas exposicións nacionais e internacionais. Poderás atopar obras súas e compartidas nas coleccións do museo Reina Sofia, na Biblioteca Nacional de Madrid, no Gugenheim de Bilbao e máis nas coleccións das Deputacións de A Coruña e Ourense, por citar só algúns exemplos. O groso da súa obra é o gravado aínda que traballa tamén en pintura, fotografía e escultura.

expo_poldras0

As obras máis representativas do traballo de Xosé Poldras son aquelas nas que xoga con composicións de figuras humanas, ás veces acompañadas doutros elementos. Son obras abertas no senso tradicional do termo, xa que presentan figuras que se intercambian entre as estampas e aparecen en diferentes gravados ao mesmo tempo, ampliando o seu senso e capacidade de evocación, de xeito que unhas complementan ás outras; non hai un carácter liñal nin de argumento, a plástica é a que rexe as leis de relación, ou más ben a falla de leis. O Gato Cósmico mostra este outono algúns dos seus gravados, dando un paso máis, xa que, coas estampas veranse mesturadas as propias matrices e o branco da parede, seguindo coa importancia que Poldras lle dá ao papel en branco como definidor dun espazo que ás veces ten dúas dimensións e outras veces tres.

expo_poldras1) expo_poldras2 expo_poldras3 expo_poldras4

Páxinas do artista: