CABECEIRA PERI

Crítico, simbolista, xeométrico e con influencias surrealistas, Peri é un artista que mestura nas súas obras a observación do entorno co seu propio mundo interior. “As razóns que me levaron a desenrolar esta actividade son a inquietude por crear, a non limitarme a ser un mero espectador do que me rodea se non pasar a formar parte activa do meu entorno”. Sería no ano 99 cando entra en contacto co spray como medio de expresión, pero non sería ata o 2004 cando empeza a plasmar nos muros os debuxos que ata entón tiña agochados no seu caderno, desenrolando así o seu estilo actual. O seu contacto cos artistas urbanos Liken e Pelucas foi fundamental na súa evolución artística: “Sempre me fascinaron os seus estilos e ademais foron os que me ensinaron gran parte do que sei”. A capacidade para expresarse de Peri non coñece de soportes ríxidos xa que estes van dende os muros ata calquera obxecto encontrado na rúa e que el reutiliza converténdoo nunha obra de arte.

expo_peri1

Nesta exposición “Soñar tamén está ben” mestúrase o onírico co real, industrial do mundo no que vivimos. Unha contraste entre os refuxios que cada un de nos ten para illarse do ritmo frenético do exterior e a realidade á que nos enfrontamos ó saír deles.

expo_peri3 expo_peri2 expo_peri4 expo_peri5

Se queres saber máis da expo e entender as ideas que se agochan detrás dela, ou se queres saber máis sobre Peri e os seus comezos e influencias, O Gato Cósmico fíxolle un cuestionario de maneira escrita que Peri contestou directamente. Pódelo ler enteiro aquí. Mergúllate no seu mundo!
Tamén podes facerte con algunas das súas serigrafías de edición limitada aquí.

Páxinas do artista: