CABECEIRA NURIA

Nuria Díaz nace en Vilagarcía de Arousa pero hai uns cantos anos que reside e traballa en Santiago de Compostela. Dende ben pequena tivo claro que quería adicarse ó mundo da creatividade, razón pola cal decidiu estudar Belas Artes na Universidade de Vigo, e posteriormente facer un master en Arte e Comunicación. Despois de adicarse uns anos á infografía periodística e a maquetación editorial, decide encamiñar os seus pasos cara o mundo da ilustración e do deseño, as súas grandes paixóns.

expo_nuriadiaz0

“Bienvenido a mi zombie fiesta” é unha exposición de ilustración cun gran carácter narrativo, próxima ó libro infantil ou ó cómic, e que trata dunha festa de aniversario na que todo o mundo o está a pasar ben, até que… chegan uns nenos zombis desexosos de comida fresca! As imaxes son directas e pouco recargadas, xogando cunha paleta de cores cálidos e, a pesares da temática, nada “gore”. Están realizadas con lápis, acrílicos e collage. Cun estilo entre naif e pop, tódalas ilustracións crean un conxunto e, á súa vez, cada unha garda un senso propio por separado.

expo_nuriadiaz1 expo_nuriadiaz2 expo_nuriadiaz3 expo_nuriadiaz4

Páxinas do artista: