CABECEIRA NOBROW

O descubrimento de Nobrow e especialmente de Ben Newman (creador da ilustración Astro Cat, imaxe da tenda) foi un dos factores que marcou o nacemento de O Gato Cósmico, de aí que con esta nova etapa marcada polo cambio de localización, quixeramos dedicarlle a primeira expo do novo espazo a este colectivo, cuxa colaboración e axuda foi fundamental en ambos inicios.

nobrow1

Nobrow comezou no inverno de 2008 co desexo de converterse nunha plataforma independente para promover a arte gráfica, a ilustración e o cómic no Reino Unido e no estranxeiro. Defensores da calidade no deseño de libros, fixeron do contido creativo orixinal en edición impresa a súa meta e marca da casa. Nesta expo que nos acompañará todo o verán, atoparás serigrafías de edición limitada dos artistas Patrick Hruby e Gwenola Carrere, asi como láminas de Ben Newman e Alex Spiro procedentes do primeiro número de Nobrow. E por suposto tamén poderás facerte cos seus orixinais cómics.

nobrow2 nobrow3 nobrow4 nobrow5

Páxina do colectivo: