CABECEIRA MIKE PERRY

Mike Perry é un dos deseñadores e artistas máis aclamados dos últimos tempos. Os seus deseños caracterízanse pola frescura que desprenden, en parte debido a que todos están feitos a man, e polo seu colorido, que busca como referente a cultura visual contemporánea. Perry traballa regularmente para clientes como Apple, The New York Times, Urban Outfitters, Levis e Nike. En 2004 foi elixido como un dos mellores artistas menores de 30 anos pola revista Step e en 2007 o Computer Arts Project elixiuno como o “ilustrador máis innovador”.

mikeperry0

As ilustracións de Mike Perry son as encargadas de porlle cor a este inverno en O Gato Cósmico. Unha expo que ven complementada cunha serie de produtos icónicos do artista como o libro Pulled sobre serigrafía, ou os transfers Iron Me On, entre outros.

mikeperry1 mikeperry2 mikeperry3 mikeperry4

Podes facerte con máis produtos de Mike Perry aquí.