CABECEIRA JESU

Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona e graduado en Fotografía pola Central Saint Martins, Jesús Madriñán traballa en series xurdidas das súas propias vivencias, converténdoas en reflexións que necesita expresar. A medio camiño entre a fotografía documental e a fotografía narrativa, Madriñán móvese como un verdadeiro equilibrista, seguindo a liña que separa o documento da ficción e que estira e afrouxa, modelándoa e reinventándoa, conferíndolle ó real un halo de artificialidade para presentar un mundo teatralizado no que os seus habitantes semellan ser actores habitando unha escena.

expo_jesusmadrinan1

La finca é o canto do cisne dunha etapa, unha homenaxe e un esconxuro. Unha paraxe mítica e entrañable, inquietante e nostálxica, á que regresar para atoparse de novo coas versións pasadas dun mesmo e dos seus seres queridos. Imaxes contraditoriamente inmóbiles para inmortalizar ó pasaxeiro, cunha beleza que reside na intuición dos instantes felices que as inspiraron. Unha despedida emocionada e agradecida onde, a pesares de todo, a esperanza late dentro de fráxiles cascas pintadas.
O traballo de Jesús Madriñán ten sido recoñecido en numerosas ocasións, destacando, entre outros, os seguintes galardóns: Premio nos International Photography Awards de Nova York, Premio eCREA do Festival Internacional de Artes Visuales EMERGENT, Premio Laszlo Foundation da Royal Society of Portrait Painters (UK) e Premio Plat(t)form do Photomuseum Winterthur de Suiza.

expo_jesusmadrinan0 expo_jesusmadrinan2 expo_jesusmadrinan3 expo_jesusmadrinan4

Podes facerte co set de postais da serie La Finca aquí.

Páxina do artista: