CABECEIRA CINTA

Cinta Arribas estudou Belas Artes en Salamanca, agora vive en Santiago de Compostela, onde traballa como ilustradora e deseñadora gráfica. Acaba de publicar Bababum vacaciones, un caderno de actividades para nenos. As súas ilustracións foron seleccionadas para o libro Ilustradores españoles, dibujos, formas y colores que harán tu vida más bella (Lunwerg Editores, 2013). Tamén en Map of the World (Ed. Gestalten, 2013). En 2012 recibiu o 1º Premio de ilustración da cervexa La Loca Juana. Tamén participou na mostra Injuve Creación Joven 2011, e obtivo o 1º Premio Fundación Vicente García y Corselas (Salamanca). En 2010 obtivo o 1º Premio Argaya Ilustración. Ilustra mensualmente para ECO, Revista do Eixo Atlántico. Tamén colabora con revistas como Dot Magazine, Mombaça e Ciento volando.

cintaarribas1

“Truco o trato” é uha exposición na que nos presenta unha colección de serigrafías e ilustracións en papel, e que nos trasladan a un mundo de disfraces, carautas e seres inquedantes. Nesta ocasión é a través do mundo animal como a autora nos mostra o seu carácter, mestura da estética naïf con trazos máis duros e complexos. Borróns, probas e ensaios até atopar a forma definitiva. Sen dúbida os erros no proceso son o trazo identificativo da súa obra. Entre os seus traballos tamén encontramos contos e bonecos feitos en tea e cerámica, formas redondeadas ás que lles saen fociños, orellas, patiñas…

cintaarribas2 cintaarribas3 cintaarribas4 cintaarribas5

Para facerte con algún dos seus produtos preme aquí.

Páxinas da artista: