CABECEIRA NURSELINA

Nurselina é unha Blyhte inquedante que sae da mente inquieta de Cocomicchi, a súa creadora.
Cocomicchi é unha experta na customización de bonecas Blythe, as que se caracterizan por estar cheas de pequenos detalles que a simple vista poderían pasar inadvertidos, pero que sen eles o resultado final conceptual non sería o mesmo. Bo exemplo desto é esta Blythe, chea de matices e de accesorios que nos dan a entender que as súas intencións non son tan boas a pesares da profesión que ostenta. Unha enfermeira que non busca a salvación dos seus pacientes e que perfectamente podería estar traballando para o doutor Frankestein na súa versión máis moderna. Unha peza de arte en si mesma que non deixou indiferente a ninguén que se acercou á tenda a vela.
A customización da artista baseouse no carving de boca, ollos, barbilla, filtrum e nariz. Mateada e selada con msc e con novo maquillaxe completo, ademais de Boggling e Gaze Correction. Incorporoulle o sistema de Sleeping Eyes, polo que a boneca pode pechar os ollos e permanecer con eles pechados, algo que as Blythe de serie non fan. Púxolle novos chips nos ollos, todos customizados e pintados a man. Tamén novas pestanas. Pullrings novos cunha cruz vermella de fieltro e unha argolla de plata. Novo corpo: cambio por un Pure Neemos Flection. Corpo customizado para dar maior realismo: pintado e tatuado.
O outfit de enfermeira completamente realizado en látex, componse de: cofia, gargantilla, vestido/corset, falda tutu e medias. Zapatos realizados con corcho e pvc. Bolso de experimentos formado por dous botes, un cunha man amputada en formol e outro cun terrario de bichiños. Stand oaak realizado específicamente para ela: base de madeira e posador de metal

nurselina1 nurselina2 nurselina3 nurselina4 nurselina5 nurselina6nurselina7 nurselina8 nurselina9