CABECEIRA ANTONIETA

A segunda Blythe da exposición corre a cargo de Fuencisla Martín Martín (Madrid, 1984), artista responsable das Pamdolls, en colaboración con Orietta Erives (Veracruz [México], 1978), deseñadora de moda freelance e responsable da marca para bonecas Lady Cherry.
A unión que fai real a creación dunha Blythe Custom inspirada en María Antonieta é posible, en primeiro lugar, pola coincidencia de ambas artistas nunha mesma cidade, Madrid; e, en segundo lugar, polo feito de que ambas son coleccionistas de Blythe e ambas remataron convertendo a súa afición nunha parte importante do seu imaxinario, a súa amizade nunha colaboración artística.
O proxecto desenvolto por PamDolls&LadyCherry para esta exposición, ten moito de cada unha delas. Fuencisla Martín aporta a súas nenas convertidas en adolescentes que son, en verdade, bonecas. Bonecas de mirada intensa e curiosa, de xesto coqueto e de desexo por medrar. Orietta, a súa vez, engade a súa paisón por París e o seu coñecemento da historia da moda, a través dos seus impecables deseños.
María Antonieta non é tan só un personaxe, e un símbolo de feminidade que se transforma dende a óptica do contemporáneo, e que se liberaliza a través de Blythe.

antonieta1 antonieta2 antonieta3 antonieta4 antonieta5 antonieta6 antonieta7 antonieta8 antonieta9

Desta vez as ilustracións que acompañan a Maria Antonieta son creacións da ilustradora Alba Alcaide González (Linares [Jaén],1985).