CABECEIRA ERREGIRO

Rafael Rguez. Girona (Sevilla, 1980), artista interdisciplinar -pintor, escultor, fotógrafo e deseñador gráfico- e responsable da marca Erregiro Dolls, especializada en customización e fotógrafía de bonecas.
A posibilidade de dar corporeidade a unha historia, tridimensionalidade a unha ilustración, é o fio conductor do conxunto de bonecas custom que Rafael Rguez. Girona deseñou específicamente para esta exposición, inspirado polas ilustracións do francés Benjamin Lacombe, quen comparte co noso artista o gusto pola recreación de seres máxicos, fermosa e delicadamente inquietantes, e con certa lembranza estética ao prerrafaelismo.
Lisbeth e Edward son os protagonistas de La petite Sorcière (publicada por Edelvives en España como Genealogía de una bruja), que Rafael recrea a través da customización de dúas bonecas bythe de stock, dos seus accesorios (como o pequeño Sócrates, o gato da pequena Lisbeth) e dunha serie fotográfica, coa que, realmente, fai que cobren vida. Preparados para descubrir o universo da pequena meiga?

erregiro 1 erregiro 2 erregiro 3 erregiro 4 erregiro 5 erregiro 6 erregiro 7 erregiro 8 erregiro 9

As ilustracións que acompañaron a esta parella correron a cargo de Alberto Rodríguez García (Sevilla,1981), ilustrador. O mundo da infancia está sempre presente na obra e na vida de este novo ilustrador e maestro de educación primaria. As súas bonecas ilustradas son, en moitas ocasións, meniñas de papel que cobran vida propia, para xogar a ser fermosas e elegantes doncellas…

Para máis info.: