CABECEIRA EIRA

A autora de Eira, a cuarta Blythe do proxecto é Virginia Silió Castrejón (Santander, 1982), artista responsable tamén das La Vir Custom Blythe.
Os seus enormes ollos redondos son para Virginia un referente claro do mundo da infancia e, por iso, as súas bonecas custom tan só poden ser nenas. Nas súas mans, as Blythe transformánse en distintas meniñas con moitas historias que contarnos e trasnadas por facer, e sempre conseguen extraernos esa sonrisa inocente propia da infancia á que nos invitan a regresar.
Para esta exposición, Virginia creou a Eira, un espíritu infantil chegado de terras nevadas que foi realizado a partir da recuperación dunha boneca Blythe case destrozada. O seu renacemento como fantasma que visita Galiza cun nome celta (Eira significa neve en galés) recórdanos a necesidade de non esquecer esa parte infantil de nós que a veces deixamos conxelada.

eira1 eira2 eira3 eira4 eira5 eira6 eira7 eira8 eira9

Para máis info.: